MAR DE PEDRA

Irtio

30/03/2007
Irtio
Discmedi, S.A.
Producer: Juan Eiras
Number of discs: 1

IRTIO: «MAR DE PEDRA»

Irtio nace a finais da década dos 90 e en pouco tempo se converte nunha das bandas máis prometedoras e vangardistas da música tradicional galega. Este dato reflíctese nos galardóns acadados entre os anos 1999 e 2006, conseguindo os primeiros premios no X Certame galego de música folk de Galicia, Xuventude ’99 (Xunta de Galicia, 1999) e no I Día da Música Xove (Xunta de Galicia, 2000), así coma outros tantos diplomas de finalista nos concursos de Santo Estevo de Ribas de Sil (Zouma Records, 1999), I concurso folc de Radio Obradoiro (Radio Obradoiro, 2000), Concurso folk Cuartu los Valles (Navelgas – Tineo, Asturias, 2003) e Runas (Festival do Mundo Celta de Ortigueira, 2006).

As primeiras incursións de Irtio no mundo discográfico, veñen da man desta xeira de concursos. Pero non será até o ano 2003, cando Irtio publique o seu primeiro traballo en solitario: Mar de Pedra.

Gravado nos estudios Casa de Tolos, con Isaac Palacín e Segundo Grandío como técnicos de son, con colaboracións tan salientables como as de Anxo Pintos, Uxía ou o mesmo Isaac Palacín, e masterizado nos EUA por un dos enxeñeiros de son máis prestixiosos do mundo, Bob Katz, Mar de Pedra supuxo a confirmación definitiva da proposta musical de Irtio.

Un son anovador, con densas harmonías e ricos timbres, fresco, con sabor atlántico foi o que puideron degustar todos aqueles que se achegaron a este Mar de Pedra ao longo de toda a xeografía galega, percorrendo os festivais máis importantes do país.

 

01 Alfoliada

02 Arrieiro

03 Tres

04 Km 0

05 Eclipse

06 Mar de Pedra

07 Outubro

08 78 ferrados

09 Guingamp

10 Morenita

 

Share:
© 2011-2020 by Juan Eiras. All rigths reserved.
Top